Friday 26 de April de 2024

O presidente da Xunta participou na XIII Festa da Castaña de Touro


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sumouse hoxe á XIII Festa da Castaña de Touro, unha cita que coincide coa tradiional feira do día 5 de Fonte Díaz e que serve para exaltar os productos do outono. O presidente da Xunta saudou aos asistentes á festa, ata onde que se achegou despois de presentar na praza Martín Códax, en Fonte Díaz, a Oficina Agraria Móbil, un novo servizo de proximidade que facilitará a xestión de trámites no rural. Na XIII Festa da Castaña, ubicada diante da sede do Concello de Touro, o presidente da Xunta tamén probou as castañas e fotografiouse cos presentes que así llo solicitaron. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, explicoulle a relevancia que ten a castaña no Concello de Touro e indicou que esta festa tradiional celébrase en Touro todos os anos neste tempo.